1 onda
(
-
s
f
[XEOL/MAR]
Movemento oscilatorio das augas do mar en sentido ascendente e descendente. As partículas de auga teñen un movemento elíptico ou circular, pero realmente quedan no mesmo lugar. Aínda así, se a profundidade diminúe notablemente, no caso das ondas máis próximas á costa, existe unha deformación do movemento oscilatorio e a auga das ondas lánzase literalmente contra o litoral. Nunha onda distínguese a crista, ou parte máis alta, o seo, ou parte máis baixa, a lonxitude de onda ou distancia entre dúas cristas, a altura, que é o desnivel entre a parte convexa e a cóncava, e a velocidade de propagación, que é a relación entre a altura e a lonxitude da onda.
-
s
f
Porción elevada ou convexa dunha liña ou superficie que ten alternativas de elevación e depresión.
-
s
f
Curva que se forma nalgunhas cousas flexibles.
-
s
f
Fenómeno atmosférico que produce unha variación repentina na temperatura dun lugar.
Ex: Para a fin de semana que vén espérase unha onda de calor no noroeste peninsular.
Sinónimos: ondada. -
-
s
f
[FÍS]
Manifestación dun fenómeno periódico no espazo, no tempo ou nos dous á vez. O concepto de onda utilízase moi frecuentemente para estudar a propagación de enerxía polo espazo, e o seu estudo forma parte de diversas ramas da física. Así, fálase de ondas sonoras (acústica), electromagnéticas (electromagnetismo), asociadas (mecánica cuántica), e elásticas (elasticidade), entre outras, pois a natureza está chea de fenómenos periódicos (rotación dos planetas, oscilacións de partículas materiais ou latexos do corazón) que poden expresarse formalmente mediante a ecuación dunha onda. A onda foi definida e estudada durante séculos como o envolvemento dunha oscilación de partículas materiais. Por esta razón, ao idear unha teoría ondulatoria para a propagación da luz, Huygens considerou que había un tipo de materia que enchía todo o universo, o éter. Dependendo de que, ao oscilar, a magnitude física varíe nunha dirección perpendicular ou paralela á da propagación da onda, esta denomínase transversal ou lonxitudinal respectivamente. O caso particular de ondas asociadas a partículas foi desenvolvido por Schrödinger. As características intrínsecas dunha onda son a frecuencia, a lonxitude e a amplitude de onda. Na representación gráfica dunha onda denomínase crista ao punto de máxima amplitude positiva, val ao de máxima amplitude negativa e nodos aos puntos de amplitude nula.
-
onda asociada
[FÍS]
Onda que se atribúe a unha partícula de masa m cando está dotada dunha velocidade v. Este concepto constitúe unha das hipóteses de traballo da mecánica cuántica. OBS: Tamén se denomina onda de probabilidade ou onda de De Broglie.
-
onda curta /
[COMUN/TECNOL]
Onda electromagnética de lonxitude comprendida entre 10 e 15 m.
-
onda de boca
[BÉL]
Onda sonora formada na boca dunha arma de fogo que se propaga á velocidade do son nas condicións do medio onde se efectúa o disparo.
-
onda de choque /
[AERON/BÉL]
Rexión estreita, que se forma no seo do aire, cando a velocidade relativa deste respecto dun corpo inmóbil ou a dun móbil respecto do aire é transónica ou supersónica, que atravesa as liñas de corrente en que dita velocidade varía subitamente e na que se presenta un forte incremento da entropía. Tamén se producen nas explosións. No caso dun móbil que se move no seo do aire, pódense distinguir as ondas de choque normais, formadas ante corpos arredondados, e as ondas de choque oblicuas, formadas nas arestas ou nas descontinuidades dunha superficie. OBS: Tamén se denomina en armamento onda balística.
-
onda de Mach
[FÍS]
onda de Mach.
-
onda electromagnética
[FÍS]
Forma que adopta, na súa propagación, a enerxía electromagnética, segundo a teoría ondulatoria (ecuacións de Maxwell). Son ondas transversais e desprázanse á velocidade da luz no medio considerado. A súa frecuencia é unha constante que a caracteriza, e non varía ao pasar dun medio a outro. No baleiro, a lonxitude de onda λ 0 e a frecuencia υ van ligadas pola relación λ 0 υ = c, sendo c a velocidade da luz no baleiro. As ondas luminosas ou visibles, hertzianas, raios X e raios γ son ondas electromagnéticas que se atopan entre unhas marxes de frecuencia determinadas dentro do espectro electromagnético.
-
onda expansiva
[BÉL]
Onda con que se propaga unha detonación nunha masa gasosa. OBS: Tamén se denomina onda explosiva.
-
onda gravitatoria
[FÍS]
Tipo de onda prevista por Einstein e aínda non detectada por culpa da febleza da gravitación. As ondas gravitatorias xorden de solucións da ecuación de Einstein do campo gravitatorio.
-
onda hidromagnética
[FÍS]
Perturbación electromagnética que se propaga dentro dun plasma cando a frecuencia do plasma é moito menor ca a frecuencia ciclotrónica dos ións positivos. Un caso particular deste tipo de onda é a onda de Alfvén.
-
onda longa /
[COMUN/TECNOL]
Onda electromagnética dunha lonxitude de mil metros ou máis.
-
onda media /
[COMUN/TECNOL]
Onda electrogmagnética normal que presenta unha lonxitude de 200 a 550 m.
-
onda radioeléctrica /
[COMUN/TECNOL]
Onda electromagnética que se emprega en radiocomunicacións. Estas ondas, denominadas normalmente hertzianas, adoitan ter unha lonxitude de onda entre os milímetros e os quilómetros e, segundo un convenio internacional establecido pola Unión Internacional das Telecomunicacións (UIT), o intervalo correspondente divídese en bandas que reciben nomes concretos. En radiodifusión empréganse as denominadas ondas longas, medias e curtas para a AM e as ultracurtas para FM. En televisión empréganse ondas métricas e decimétricas (VHF e UHF, respectivamente) e nos enlaces hertzianos empréganse microondas. As ondas radioeléctricas teñen tamén outras aplicacións, como a radiotelegrafía, radiotelefonía, radar, radioastronomía ou radionavegación.
-
onda retrógrada
[BÉL]
Onda de choque que, ao producirse a explosión dun gas detonante, se propaga en sentido contrario á onda expansiva polo interior de gases xa queimados aos que volve, eventualmente, luminiscentes ao provocar unha nova reacción química.
-
onda sísmica
[XEOL]
Onda elástica que se despraza pola Terra.
-
onda sonora
[FÍS]
Xeito en que se propaga o son nun medio.
-
s
f
[FÍS]
-
s
f
Grupo de cousas ou persoas que suceden ou veñen ao mesmo tempo.
Ex: Unha onda de xente entraba no auditorio para ver o concerto.
-
función de onda
[FÍS]
Termo con que se coñece, en mecánica cuántica, tanto a onda asociada como a expresión matemática que a representa.
-
número de onda
[FÍS]
Constante, característica dunha onda, que é definida como k = 2π/λ, en que k é o número de onda ou número de propagación, e λ é a lonxitude de onda.
-
vector de onda
[FÍS]
Dada unha onda, vector K cuxa dirección en cada punto do espazo é a de propagación da onda neste punto, e cuxo módulo é o número de onda, k = 2π/λ, onde λ é a lonxitude de onda da onda en cuestión.
-
[ARTE]
-
s
f
Decoración que imita os perfís das ondas da auga en movemento.
-
onda grega
Decoración que consiste en liñas curvas entrelazadas, cuxas variedades poden ser sinxelas, dobres, afrontadas, opostas, festonadas, alternadas, ligadas, floronadas, ornamentadas e separadas.
-
s
f
Frases feitas
-
Estar na onda. Comprender algo de maneira correcta.
-
Perder a onda. Desorientarse ou despistarse.