ondulación

ondulación

(< ondular)

  1. s f

    Acción e efecto de ondular.

  2. s f

    Sucesión de alturas e depresión no relevo dun terreo.

  3. s f
    1. Movemento de vaivén nun fluído elástico propagado entre as súas partículas sen que estas se trasladen na dirección da propagación.

    2. [MAR]

      Movemento da auga do mar que se produce, especialmente, polos ventos, que forman ondas que poden ser duns cantos centímetros de altura, ou chegar a dimensións espectaculares, no caso dunha tempestade, e por fenómenos tectónicos que poden orixinar tsunamis.

Palabras veciñas

ondógrafo | ondómetro | ondoscopio | ondulación | ondulado -da | ondulador -ra | ondulante