onicóforo -ra

onicóforo -ra

(< onico- + -foro)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos onicóforos.

  2. s m [ANIMAL]

    Metazoo do filo dos onicóforos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Filo de metazoos triploblásticos protóstomos que ocupa un lugar intermedio entre os artrópodos e os anélidos. Presentan o corpo alongado, de entre 2 e 15 cm, segmentado, cuberto dunha cutícula quitinosa, convexo dorsalmente e aplanado ventralmente. Son animais terrestres, de movementos moi lentos e co corpo contráctil. Habitan en medios húmidos sobre o humus ou a madeira podre dos bosques, nútrense de insectos e crustáceos, e a súa distribución xeográfica é descontinua e limítase ao hemisferio austral. Comprende moi poucas especies e están tan pouco evolucionados que poden ser considerados fósiles viventes. Inclúe dúas familias, os peripátidos (América do Sur, África tropical e Indonesia) e os peripatópsidos (Chile, África do Sur e Nova Zelanda).

Palabras veciñas

Onías III | onico- | onicofaxia | onicóforo -ra | onicografía | onicógrafo | onicogripose