onomasticon
onomasticon
(
s
m
[LING]
Compilación de palabras coa determinación do seu uso e sentido. Dáselle este nome a dous tipos de obras: ás obras antigas así chamadas polos seus autores ou pola tradición (Onomasticon de Xulio Pólux) e ás táboas de nomes propios (de persoas e de lugares) ou de palabras técnicas, compostas polos modernos (destacan: para o grego Onomasticon propriorum nominum de Oporini; para o latín Onomasticon historiae romanae de Johannes Glandorp, Onomasticon tullianum de Johann Caspar von Orelli e Onomasticon totius latinitatis de Vicent De Vit).