Onopordum
Onopordum
[PLANTA]
Xénero de plantas bienais, da familia das asteráceas, que presentan follas oblongas, as flores de cor púrpura dispostas en capítulos solitarios ou en grupos, con brácteas coriáceas e o froito en aquenio glabro e con lanuxe plumosa. En Galicia aparece a especie O. acanthium.