1 onza

1 onza

(

  1. s f [METROL]

    Medida de peso en desuso que equivale a 28,691 gramos.

  2. s f

    Cada unha das partes en que se divide unha libra de chocolate.

  3. s f [NUMIS]
    1. Duodécima parte da libra e peso do ás uncial, no sistema monetario romano.

    2. Divisor ponderal da libra durante a Idade Media.

    3. Nome popular dado ao dobrón de oito escudos hispanoamericanos, na Idade Moderna, cun valor equivalente ao de 16 pesos ou reás de a oito.

    4. Moeda española con valor de 320 reás de billón, que circulou no s XIX.

  4. s f

    Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ouro’.

Palabras veciñas

onubense | ONUDI | Onychogomphus | 1 onza | 2 onza | Onza do Norte | Onza do Sur