op art*

op art*
s m [ARTE]

Tendencia pictórica de carácter abstracto xeométrico que na dédada de 1960 cultivou a busca e a aplicación dos principios fundamentais da percepción visual. O op art, contracción de optical art, converteuse na continuación do neoplasticismo e tomou por base as investigacións clásicas do xestaltismo: trompe-l’oeil, movementos ilusorios, contradicións visuais, figuras imposibles ou xogos ópticos, e practicou unha redución moi considerable da cor. Posteriormente transformouse en arte cinética. Dos seus representantes destacaron Josef Albers e Victor Vasarely.

Palabras veciñas

ooxénese | ooxenia | oozooide | op art* | OPA | opa! | opacidade