opacímetro

opacímetro
s m [METROL]

Aparato para medir a opacidade dun gas, especialmente de fumes de caldeiras e gases de altos fornos. Está formado esencialmente por unha célula fotoeléctrica que recibe os raios dun punto luminoso, despois de atravesar o gas do que se quere medir a opacidade.

Palabras veciñas

opacidade | opacificador | opacimetría | opacímetro | opaco -ca | OPAEP | opalescencia