Opinión A Coruña, La

Opinión A Coruña, La
[PUBLIC]

Xornal de información xeral publicado na Coruña a partir do 4 de outubro de 2000. Pertencente á Editorial Prensa Ibérica, é un dos xornais máis novos do grupo. Dirixido por Francisco Orsini, conta coas colaboracións de destacados escritores e xornalistas, como Fernando Jáuregui, Juan J. Millás, Luis del Val e Ánxel Vence, aínda que tamén outorga bastante protagonismo á opinión dos lectores. Prioriza as noticias de carácter local e comarcal da cidade herculina e inclúe unha páxina dedicada a cada un dos concellos que conforman a área metropolitana, que completa coa información da provincia, Galicia, España e o resto dos contidos propios dos xornais de difusión da comunidade galega. Con esta cabeceira, Prensa Ibérica entrou no mercado coruñés para competir con La Voz de Galicia no seu mercado natural. Distribúe, semanalmente, os suplementos “Motor” (luns), “Campeones” (martes), “Saberes” (sábado) e “El Domingo” (domingo). Na rede Internet aparece, tamén desde outubro de 2000, a versión electrónica deste xornal.

Palabras veciñas

opinable | opinar | opinión | Opinión A Coruña, La | Opinión de Ortigueira, La | Opinión Galeguista | Opinión Gallega