Opinión Pública, La
Opinión Pública, La
[PUBLIC]
Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir de setembro de 1863 e que cesou en 1865. Subtitulado “Periódico independiente de intereses morales y materiales”, editouse nos obradoiros de Manuel Mirás. De tendencia progresista, saíu dúas veces á semana e foi dirixido por Uxío Montero. Mantivo numerosas polémicas con El Restaurador, contra o que defendía unha maior participación da sociedade na administración local.