Opopánax
Opopánax
[PLANTA]
Xénero de plantas, da familia das apiáceas, que presentan tamaño grande, follas bipinnadas cos folíolos dentados, flores dispostas en umbelas compostas de cor amarela ou branca e froitos oleosos. A especie máis coñecida deste xénero é O. chironium, da que se obtén unha oleorresina do mesmo nome. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].