opositor -ra
opositor -ra
(< lat opposĭtu, p p de opponĕre)
-
adx e s
Que ou quen se opón a algo ou alguén.
Ex: O movemento opositor manifestouse polas rúas da capital. Os opositores prepararon unha marcha reivindicativa contra a opresión do ditador.
-
adx e s
Que ou quen se presenta a unha oposición.
Ex: As persoas opositoras terán que situarse á dereita. Os opositores impugnaron os exames por unhas presuntas irregularidades no proceso de convocatoria.