oppidum*

oppidum*
  1. s m [HIST]
    1. Lugar ou poboado fortificado de época protohistórica e romana. Os oppida construíronse en Europa Central e Occidental durante a Idade do Ferro e no caso galego desenvolvéronse durante a fase castrexo-romana da cultura castrexa (ss II-I a C). Consideráronse como núcleos habitados, relativamente grandes e dotados dunha entidade político-administrativa e dun certo grao de urbanización.

    2. Cidade distinta de Roma, para os romanos.

    3. Capital dunha civitas.

  2. s m [HIST/CONSTR]

    Corpo arquitectónico que pechaba os extremos dun circo e desde onde partían os competidores, na antiga Roma.