opresión
opresión
(< lat oppressĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de oprimir.
-
s
f
-
Acción política en que se dá un abuso de autoridade e os cidadáns son desposuídos dos seus dereitos fundamentais.
Ex: Sempre loitou contra calquera forma de opresión.
-
Estado en que se atopa quen está sometido a esta acción.
Ex: Para liberarse da opresión marchou do país.
-
-
s
f
[PAT]
Sensación que experimentan algúns enfermos por falta de aire ou por dificultades respiratorias.
Refráns
- A quen medo lle teñen, o seu lle dan.
- O que moito espreme, chega a sacar sangue.