Ora Marítima
Ora Marítima
[LIT/XEOG]
Obra escrita por Rufo Festo Avieno a mediados do s IV. Escrita en verso, é unha adaptación poética das experiencias que un navegante de Massalia levou a cabo a finais do s VI a C. Baseouse na Historia Universal de Éforo e a súa importancia reside en que se trata da máis antiga descrición dos territorios europeos occidentais, desde as costas de Britania ata Ponto Euxinus. Só se conserva o primeiro libro, dedicado a Iberia.