Orcellón
Orcellón
[PUBLIC]
Revista que se publicou no Carballiño a partir do 17 de maio de 1980. Saíron só tres números, o último deles o Día das Letras Galegas de 1982. Subtitulada “Revista comarcal do Carballiño”, foi unha iniciativa da Agrupación Cultural Avatar. De distribución gratuíta, incluíu información cultural e comarcal. Cun carácter nacionalista e reivindicativo, promoveu campañas a prol da normalización lingüística, a defensa do patrimonio da comarca e a popularización da literatura galega.