ordenación
(< lat ordinatĭōne)
-
-
s
f
Acción e efecto de ordenar ou ordenarse.
-
s
f
[XEOG]
Programación e planificación dos recursos económicos, espaciais e humanos nun territorio xeográfico concreto, que se realiza co obxecto de conseguir unha utilización eficaz dos mesmos.
-
ordenación do territorio /
[XEOG/URBAN]
ordenación do territorio.
-
s
f
-
s
f
-
Disposición de diversos obxectos, elementos ou partes dun todo segundo un criterio determinado.
-
[ARTE]
Composición xeral dun cadro.
-
-
[RELIX]
-
s
f
Acción litúrxica pola que o bispo confire o sacramento da orde. Fíxose normalmente coa imposición das mans sobre o ordenando, e invocando a graza do Espírito Santo. A Igrexa Latina medieval enfatizou a traditio instrumentorum ou entrega dos obxectos sagrados (cáliz e patena). O ritual romano da ordenación de bispos, presbíteros e diáconos reformouse en 1968.
-
cuestión das ordenacións anglicanas
Problema que suscitou o achegamento de moitos pastores anglicanos á Igrexa Católica, arredor do movemento de Oxford, referido á posible validez das ordenacións de Eduardo VI de Inglaterra, recollidas no seu Ordinal. Estas foron declaradas nulas por Paulo IV (1555) e por León XIII, que proclamou a súa invalidez na bula Apostolicae curae (1896). O tema volveu tratarse nas conversas de Malines (1921), sen acadar ningún acordo. É unha materia de estudo no ámbito do ministerio da Igrexa.
-
s
f
-
-
s
f pl
Conxunto de regras ou de disposicións que se establecen para o bo funcionamento e a boa marcha dunha institución ou dunha comunidade.
-
s
f
[HIST/DER]
Disposición de orde regulamentaria feita polo poder público, ata o primeiro terzo do s XIX.
-
ordenación baronial
Ordenación feita por un barón. Nos ss XIII-XVIII tiñan o ius edicendi ou facultade de facer ordenacións coa limitación de non poder infrinxir o dereito común. A acción dos baróns ou dos seus procuradores xerais e gobernadores, esténdese a aprobar ordenacións feitas e propostas polas mesmas universidades dos lugares e das vilas sobre policía de mercados, hixiene e exaccións locais.
-
ordenación de pagamentos
[ECON]
Distribución de pagamentos que se han de efectuar polas caixas do estado.
-
ordenación municipal
Ordenación ditada para o bo goberno dunha cidade ou vila, con carácter xeral ou ben referente só a determinadas materias.
-
ordenación pesqueira PESCA
[PESCA]
Conxunto de medidas técnicas e administrativas que se adoptan para regular ou xestionar todos os recursos pesqueiros, naturais, materiais e humanos, co obxectivo de maximizar as capturas ou os beneficios, tendo en conta criterios de tipo xurídico e socioeconómico. É a maneira de levar a cabo unha determinada política pesqueira. Toda ordenación pesqueira necesita en primeiro lugar dunha definición precisa dos límites das áreas reguladas que se desexan xestionar, e que poden corresponder con augas xurisdicionais do Estado, internacionais ou de terceiros países. De calquera xeito, para que a ordenación sexa axeitada e exitosa hai que coñecer moi ben o recurso (coñecementos biolóxicos) e o sector (coñecementos socioeconómicos). Respecto aos recursos, é necesario coñecer os stocks de pesca susceptibles de explotación comercial, cal é a súa extensión xeográfica, que artes son máis adecuadas para a súa explotación, así como todo o posible sobre a súa bioloxía. En canto ao sector hai que ter en conta as posibilidades inmediatas de comercialización dos recursos, as posibilidades de expansión a outros mercados, os buques e artes de pesca que se utilizan durante a explotación, a seguridade marítima e a existencia dunhas facilidades portuarias que permitan levar a cabo toda a actividade industrial que xira en torno ás reparacións, varadoiros, servizos, construción de buques e á actividade de carga e descarga, polo que é necesario unha coordinación entre as políticas pesqueira, portuaria e dos estaleiros. Para a ordenación das pesqueiras utilízanse modelos matemáticos, que constitúen un intento de representar matematicamente o que sucede, primeiro nas poboacións naturais e, a continuación, nesas mesmas poboacións cando son sometidas a explotación pesqueira, polo tanto, determinan cales poden ser as tendencias nunha pesqueira baixo condicións variables. Os modelos poden clasificarse en analíticos ou loxísticos ou de produción xeneralizada. Os modelos analíticos parten do estudo e análise dunha serie de factores e características biolóxicas medias dos individuos de cada poboación particular e a partir deles deducen a forma da curva anual de rendemento, que establece unha relación matemática entre o rendemento anual da actividade pesqueira monoespecífica e a mortalidade por pesca, que é unha medida indirecta dos efectos do esforzo pesqueiro. A premisa básica que asume os modelos loxísticos ou de produción xeneralizada é que o tamaño de calquera poboación natural está limitado polo medio, é dicir, non poden medrar indefinidamente, senón que o seu crecemento depende da capacidade de carga do medio. O modelo máis utilizado pola súa simplicidade é o modelo de Schaefer cuxa linearidade permite realizar máis facilmente as vinculacións entre os modelos biolóxicos e económicos, facendo as oportunas correccións e referencias a outros modelos cando as circunstancias o aconsellan. O modelo de Ricker establece unha relación segundo a que o recrutamento está en función do stock parental. Por último, hai que destacar que os plans de ordenación han de ter carácter dinámico, xa que calquera plan queda desfasado co tempo, de aí que teña que ser revisado e posto ao día, polo menos cada 5 anos, co obxecto de corrixir erros, realizar novas análises e facer os axustes necesarios na anterior proposta.
-
s
f pl