Ordóñez
Ordóñez
[HIST/HERÁLD]
Antiga liñaxe que ten a súa orixe no s X. Trae como armas, en campo de prata, dez roeis, de goles, postos en tres paus, un deles en punta; bordura de azul, con catro coroas e catro leóns rampantes, de ouro, alternando. Outros traen, en campo de goles, unha cruz chá, de prata, cun piñeiro ao natural na esquerda.