orelleira

orelleira

(

  1. s f

    Cada unha das dúas pezas metálicas ou de madeira en forma de aletas que, a un e outro lado da rella do arado tradicional, serve para anchear o suco e para voltear a herba.

    Sinónimos: abeaca, binza, orella, forcado.
  2. s f

    Cada unha das dúas pezas dunha gorra ou dun casco que cobren ou protexen as orellas.

  3. s f

    Peza situada a ambos os lados da cabezada que se emprega para protexer os ollos das cabalarías e impedir que vexan polos lados. OBS: Adoita empregarse en plural.

  4. s f

    Orella de porco curada e salgada.

Palabras veciñas

Orellana, Francisco de | orellanzo | orellar | orelleira | orellón | Orelluda | Orelluda, punta