Orente
Orente
[ONOM]
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome latino Orientius ‘oriental’, ‘procedente do leste’, que deriva do verbo oriri ‘nacer, xurdir’. Este nome sufriu, posiblemente antes de chegar a Galicia, unha monotongación (Oriente > Orente). A forma Ourente coexiste en Galicia coa etimolóxica, quizais por relacionalo equivocadamente coa palabra ouro. Presenta as variantes Ourente, Orencio e Orentino.