orgánico -ca
(< lat organĭcu)
-
adx
-
Relativo ou pertencente a un órgano ou a un sistema de órganos.
-
Relativo ou pertencente aos seres organizados.
-
-
adx
Que está constituído por diferentes partes que desempeñan unha función coordinada en conxunto.
-
adx
[QUÍM]
Relativo ou pertencente aos compostos do carbono.
-
adx
[PAT]
Aplícase, por oposición a funcional, ao trastorno ou á síndrome que van acompañados de alteracións anatómicas.
-
[DER]
-
adx
Relativo ou pertencente aos órganos constitucionais e lexislativos dun estado ou entidade.
-
lei orgánica
lei orgánica.
-
adx
-
arquitectura orgánica
[ARQUIT]
Arquitectura que trata de organizar as partes dunha construción en consonancia co conxunto da obra e desta coa paisaxe e o contorno. Avar Aalto e Eric Gunnar Asplund, coas escolas finlandesa e sueca, tipificaron esta tendencia da arquitectura do s XX; pero a obra organicista máis importante é a realizada polo estadounidense Frank Lloyd Wright.
-
materia orgánica
[BIOL]
Materia que procede dos seres vivos, tanto animais como vexetais, e que forma parte do solo, onde sofre fenómenos de descomposición polos que se transforma en humus.