ornitina

ornitina
  1. s f [BIOQ]

    Aminoácido non esencial cuxo isómero natural é soluble en auga e en alcohol, e fúndese a 140°C. Prodúcese a partir da arxinina, non formando parte das proteínas.

  2. ciclo da ornitina [BIOQ]

    Proceso metabólico que permite aos organismos evitar unha acumulación de amoníaco procedente dos ácidos glutámico e aspártico, en concentracións elevadas, mediante a formación de urea.