ortóptero -ra
ortóptero -ra
(< orto- + -ptero)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ortópteros.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da orde dos ortópteros.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Orde de insectos hemimetábolos, da clase dos pterigotos, de dimensión mediana ou grande, que teñen o corpo cilíndrico, e a cabeza alongada, o primeiro par de ás elitroides e o segundo membranoso, o aparato bucal mastigador e o terceiro par de patas máis desenvolto que os outros dous pares, para poder saltar. Habitan nos países de clima temperado, tropical e subtropical, e moitos son gregarios e a miúdo migratorios. Destacan as lagostas, os grilos, as cadelas de frade e os saltóns. As migracións dalgunhas especies, como as lagostas, constitúen unha verdadeira praga, dado o gran número de individuos que se desprazan e os seus hábitos fitófagos.