Osiris
Osiris
[RELIX/MIT]
Deus exipcio do máis alá que, segundo a lenda osiríaca, era fillo de Geb e de Nut, e rexía o mundo. Adorado orixinariamente en Busiris (no Delta), o seu culto estendeuse desde época antiga a todo Exipto e asimilouse ao deus local de diferentes vilas, a Sokaris, de Memfis e, sobre todo, a Khentimentiu, deus dos mortos de Abidos. Representábase como un home envolto nun sudario, coroado cunha alta tiara e sostendo o báculo de mando e o espantamoscas.