osmorregulación
osmorregulación
(< 1 osmo- + regulación)
s
f
[FISIOL]
Mantemento nun organismo do equilibrio entre a auga e os solutos osmoticamente activos (como o Na+) fronte ás condicións do medio que o rodea. A osmorregulación varía segundo o individuo se encontre no medio terrestre, mariño ou de auga doce. Algúns organismos desenvolveron sistemas para manter o equilibrio osmótico absorbendo ou excretando auga ou sales minerais. Os vertebrados teñen un sistema de reabsorción de auga nos túbulos renais moi eficiente, que está coordinado por hormonas inducidas por osmorreceptores.