osteocondrite

osteocondrite

(

  1. s f [PAT]

    Inflamación simultánea dun óso e da súa cartilaxe.

    Sinónimos: osteocondrose.
  2. s f [PAT]

    Grupo de procesos patolóxicos causados probablemente por unha necrose aséptica das epífises dos ósos ou de calquera outro núcleo de osificación durante o período de crecemento dun individuo. As osteocondrites máis importantes son a enfermidade de Legg-Calvé-Perthes ou necrose aséptica da epífise superior do fémur, a enfermidade de Köhler I ou escafoidite tarsiana, a enfermidade de Köhler II ou osteocondrite da cabeza do segundo metatarsiano, a enfermidade de Scheuermann ou epifisite das vértebras e a enfermidade de Osgood-Schlatter ou osteocondrite da tuberosidade anterior da tibia.

    Sinónimos: osteocondrose.

Palabras veciñas

osteoclasto | osteoclastoma | osteocola | osteocondrite | osteocondroma | osteocondrose | osteócopo