osteodistrofia
osteodistrofia
(
-
s
f
[PAT]
Trastorno no desenvolvemento dos ósos.
-
osteodistrofia renal
[PAT]
Estado patolóxico que se observa no transcurso da insuficiencia renal crónica, que se caracteriza pola presenza de osteoporose, osteomalacía e osteíte fibroquística (formación de quistes fibrosos óseos) xunto cun aumento da concentración de fósforo no sangue e cunha diminución case constante da concentración de calcio. Este estado morboso está causado polo incremento da secreción de hormona paratiroide (hiperparatiroidismo secundario).