osteoglósido -da

osteoglósido -da

(< lat científico Osteoglossum, xénero depeixes)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos osteoglósidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos osteoglósidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes octeíctios, da subclase dos actinopterixios, que teñen o corpo macizo, forte, comprimido lateralmente cara á metade e cónico no extremo anterior, coa cola pequena e semellante a unha paleta arredondada. Son de auga doce e habitan nas zonas tropicais de América do Sur, Asia e Australia.

Palabras veciñas

osteofibrose | osteófito | osteófono | osteoglósido -da | osteografía | osteoide | osteolepiforme