osteoporose

osteoporose

(

s f [PAT]

Afección que se caracteriza por un adelgazamento das trabéculas e da membrana cortical dos ósos, con ensanchamento dos espazos medulares. Consiste nun desequilibrio dos procesos de formación-reabsorción da substancia fundamental do óso (escasa formación ou excesiva reabsorción). Radioloxicamente, maniféstase nunha diminución da densidade ósea. Asígnanselle múltiples causas. A osteoporose senil (en individuos de máis de 65 anos) considérase como un proceso de involución normal.