ostrogodo -da

ostrogodo -da

(< lat v *Ostrogŏthu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo ostrogodo.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo ostrogodo.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo xermánico orixinado pola escisión dos godos en dous pobos instalados nas dúas beiras do Dniéster: os visigodos, ou godos do oeste, situados nesta banda do río, e os ostrogodos, establecidos na outra banda ata o Don (s III). Adquiriron unha gran puxanza con Xeberico, que dominou Dacia, e sobre todo con Hermanarico, que someteu os eslavos, bálticos e fenicios e constituíu un grande imperio entre o Mar Negro e o Báltico. Morto este en 375, entraron en decadencia ata que, arrastrados polos hunos e mandados por Valamiro, penetraron en Italia e foron derrotados por Aecio en 451. Morto Atila, independizáronse dos hunos e pactaron cos romanos. Teodorico I foi proclamado rei e recoñecido polo Emperador Anastasio I como rei de Italia (498). Tras a súa morte, en 526, o reino decaeu rapidamente e en 534 o Emperador Xustiniano I reivindicou Italia para o seu imperio, e o seu xeneral Belisario derrotou rapidamente os ostrogodos. A perda de Verona e Brescia en 554 e a rendición dos derradeiros resistentes en 555, marcaron a súa fin seguida da súa dispersión e desaparición como pobo.