Ostrya

Ostrya
[PLANTA]

Xénero de árbores monoicas, da familia das betuláceas, que poden acadar 20 m de altura. Presentan follas ovadas, acuminadas e dobremente con forma de serra, e flores unisexuais e dispostas en amentos verdosos. A súa madeira é dura e resistente. Proceden do SL de Europa e de Asia e cultívanse como planta ornamental, especialmente a especie O. carpinifolia.