Otanthus
Otanthus
[PLANTA]
Xénero de plantas perennes, herbáceas ou subarbustivas, da familia das asteráceas, que presentan as follas alternas, sésiles e oblongas e as flores hermafroditas e cos flósculos con dous esporóns, dispostas en capítulos que forman corimbos terminais. O froito é un aquenio comprimido con lanuxe. En Galicia é habitual nos areais marítimos a especie O. maritimus, que ten propiedades medicinais.