Otidea

Otidea
[FUNGO]

Xénero de fungos ascomicetos, da orde dos pecizais, que presenta o carpóforo con forma de copa alongada, irregular, de cor parda escura, cunha fenda lonxitudinal. É sésil e presenta as esporas de cor branca. Viven en piñeirais das dunas. En Galicia está presente a especie O. umbrina (orellas de porco).

Palabras veciñas

Oti, Paco | otiatría | ótico -ca | Otidea | otídido -da | Otilia | Otilia, santa