1 ou

1 ou

(

  1. conx

    Presenta unha alternativa entre dúas posibilidades. OBS: Con valor disxuntivo, ou, situado entre as dúas últimas oracións ou repetido no inicio de cada membro, presenta cadansúa opción, mutuamente excluíntes.

    Ex: Cólleo ou déixao. Ou o fas dunha maneira ou o fas da outra. Faino dunha maneira ou faino da outra. Pode ir reforzado con ben. Ex: Ou (ben) entras, ou (ben) saes, pero non quedes na porta. Con valor distributivo, ou presenta dúas ou máis opcións, non mutuamente excluíntes, e acostuma situarse só antes do derradeiro membro. Ex: Axeónllase diante da igrexa e non se sabe se pide, se vende ou se prega.

  2. conx

    Indica aproximación entre o valor de dúas formas numerais expresadas.

    Ex: Chegou ás cinco ou ás seis da tarde.

  3. conx

    Expresa rectificación ou explicación despois dunha afirmación expresada.

    Ex: O doutor Mariño é moi bo médico, ou érao.

  4. conx

    Indica equivalencia entre o que expresan dúas palabras ou sintagmas.

    Ex: O hórreo ou cabazo é moi típico de Galicia.

  5. conx

    Emprégase como nexo de dúas oracións, cando a primeira é unha orde ou consello e a segunda unha consecuencia de non acatar esa orde ou consello.

    Ex: Marcha de aquí ou vas levar ti tamén!

  6. conx

    Introduce unha xustificación ou unha explicación de algo que se acaba de dicir ou de facer.

    Ex: Tan parvo non é, ou non chegaría a ocupar un posto directivo.

Palabras veciñas

Otura | Otus | Otway, Thomas | 1 ou | 2 ou! | OUA | Ouaddaï