ouriños

ouriños

(< lat urīna)

s m pl [FISIOL]

Líquido de cor ámbar, normalmente, de olor característico, cunha densidade comprendida entre 1,003 e 1,030 e de reacción ácida (pH ~ 6), que os riles excretan no cumprimento dunha tripla función: eliminación dos produtos finais do metabolismo nitroxenado (urea, ácido úrico), mantemento do equilibrio ácido--base, e regulación do metabolismo da auga e dos sales. Os uréteres condúcenos dos riles á vexiga, e son expulsados pola uretra. Un adulto elimina de 1.300 a 1.600 ml ao día, segundo a cantidade de líquidos inxeridos e de líquidos eliminados. Ademais da auga, que é o compoñente principal, contén, entre outros, urea, ácido úrico, fosfatos, sodio, amoníaco ou pigmentos.

Sinónimos

Formas incorrectas

orina

Palabras veciñas

Ourille, San Pedro de | ouriñal | ouriñar | ouriños | ouriolo | ourivaría | ourive