Outeiro, casa de

Outeiro, casa de

Construción situada en Parada de Outeiro (Vilar de Santos). Edificouse cara a 1794, data que se recolle nunha das fiestras. Ten planta en forma de L. Na parte interior do ángulo colocouse, sobre o pórtico, unha solaina no primeiro andar, á que se accede por unha escaleira exterior. Nunha fachada destaca o balcón voado sobre ménsula.