Outubro, Feitos de

Outubro, Feitos de

Movemento revolucionario que tivo lugar durante a Segunda República, en outubro de 1934. Orixinouse pola entrada de membros da CEDA no goberno (4 de outubro), case un ano despois do triunfo electoral dos partidos de centro e dereita (novembro de 1933), e a represión e control das organizacións de esquerda. Convocada a folga xeral por Alianza Obrera, este movemento foi especialmente importante en Catalunya e en Asturias. Convocouse unha folga xeral que axiña tomou un carácter insurreccional. A sublevación foi brutalmente reprimida por destacamentos do exército de Marrocos dirixidos polos xenerais Juan Yagüe Blanco e López de Ochoa y Portuondo.

Palabras veciñas

outsider* | outubrista | outubro | Outubro, Feitos de | ouvear | Ouveiro | ouveo