ovulación

ovulación

(<óvulo)

s f [FISIOL]

Emisión dun óvulo maduro polo ovario, que, despois de ser recibido polo pavillón da trompa, se volve apto para ser fecundado. O tempo e a frecuencia de ovulación varían moito nos diferentes grupos de mamíferos. Na muller ten lugar cara a metade do ciclo ovárico. Despois, o óvulo baixa cara á trompa de Fallopio e chega ao útero, onde se elimina por descomposición (se non foi fecundado) á vez que se produce a menstruación.

Palabras veciñas

ovovivíparo -ra | ovoxema | ovoxénese | ovulación | 1 ovular | 2 ovular | ovulífero -ra