oxazina
oxazina
Nome científico:
[C<sub> 4</sub> H<sub> 5</sub> NO]
s
f
[QUÍM]
Cada un dos compostos heterocíclicos isómeros que consisten nun anel carbonado de seis membros que contén á vez un átomo de osíxeno e un de nitróxeno. A perhidro-1,4-oxazina emprégase como disolvente básico e na preparación de enaminas. A fenoxazina é a estrutura fundamental de moitos colorantes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].