Oxford, Provisións de

Oxford, Provisións de

Programa de reformas imposto polos nobres a Enrique III de Inglaterra, en 1258, que pode ser considerado a primeira constitución escrita do país. O documento creaba un consello de quince nobres para controlar a política do goberno, obrigaba ao rei a convocar o Parlamento tres veces ao ano e reducía os seus poderes sobre a administración local e o sistema de impostos. Foron abolidas en 1266.

Palabras veciñas

Oxford, escola de | Oxford, grupo de | Oxford, movemento de | Oxford, Provisións de | Oxfordiano | oxfordiano -na | Oxfordshire