oxi-

oxi-

(

  1. pref

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ácido’, ‘agudo’.

    Ex: oxiacetilénico, oxiácido.

  2. pref [QUÍM]
    1. Forma prefixada que se emprega en química na formación de palabras para indicar a presenza do radical -O- nun composto.

    2. Forma prefixada non sistemática que se emprega en química na formación de palabras e que, anteposta ao nome dun composto, indica unha forma oxidada deste.

  3. pref [QUÍM]

    Forma prefixada que se emprega en química na formación de palabras para indicar a presenza nun composto do anión O 2- . OBS: A grafía <x> representa o son [ks].