óxido
(< gr ὀζύς ‘ácido’)
-
s
m
[QUÍM]
Combinación de osíxeno con calquera elemento, excepto o flúor. Tamén reciben este nome algúns epóxidos simples (como o óxido de etileno), formas oxidadas dos nitrilos e das aminas, e algunhas substancias que conteñen osíxeno na súa estrutura (como o óxido de cacodilo e o óxido de mesitilo). Os óxidos obtéñense xeralmente por reacción directa do osíxeno co elemento a alta temperatura. Tamén poden obterse por descomposición térmica de outras substancias máis complexas e por reacción co osíxeno de compostos tales como hidrocarburos metálicos, sulfuros e haluros. De acordo coa súa reacción á auga, os óxidos poden clasificarse en ácidos (denominados antigamente anhídridos), básicos e anfóteros. Os óxidos teñen un gran número de aplicacións na industria.
-
s
m
Capa de óxido de ferro hidratado que se forma na superficie dos obxectos de ferro por mor do aire ou da humidade.
Sinónimos: ferruxe. -
s
m
[QUÍM]
Nome do anión O 2- , cuxa existencia estivo postulada na estrutura cristalina dos óxidos iónicos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].