oxima

oxima
s f [QUÍM]

Cada un dos compostos orgánicos que conteñen o grupo C=N-OH e que se obteñen por condensación dun aldehido ou dunha cetona coa hidroxilamina nun medio acuoso ou alcohólico. A reacción máis importante que experimentan é a transposición de Beckmann, empregada na síntese de caprolactama. Algunhas oximas empréganse na análise clínica pola súa propiedade de formar complexos estables con moitos ións metálicos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

oxidorredutase | oxidrilo | oxihemoglobina | oxima | oximación | oximel | oximino-