ozono
ozono
(< gr ὅζειν ‘ter olor’)
s
m
[QUÍM]
Forma alotrópica do osíxeno que se forma nas capas altas da atmosfera cando o osíxeno absorbe radiacións ultravioleta. Comercialmente, obtense por descargas eléctricas no seo do osíxeno mediante ozonizadores. É tóxico mesmo en moi pequena concentración. Emprégase como bactericida e funxicida, no tratamento de augas e en atmosferas para conservar ovos. Pese ao seu elevado custo, emprégase tamén industrialmente na ozonólise de fenois e olefinas e na produción de óxidos metálicos.