pacífido -da

pacífido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente á raza pacífida ou aos seus representantes.

  2. s [ANTROP/FISIO]

    Individuo da raza pacífida.

  3. raza pacífida [ANTROP/FISIO]

    Raza de amerindios, que habitaba ao NO de América do Norte, desde Alasca ata California, entre as montañas Rochosas e o Océano Pacífico. Os seus representantes son braquicéfalos, de estatura superior á media, co cabelo negro, os beizos finos e apertados, o nariz prominente e os ollos oblicuos.