Padrón, Xardín da Vila de

Padrón, Xardín da Vila de

Xardín botánico situado en Padrón. Pertenceu ao pazo de Antequera no s XIX e é o máis grande de Galicia de deseño francés. Ten case 300 especies de plantas de distintos países distribuídas nunha hectárea, algunhas delas únicas en España. Destaca a árbore do coral ou árbore do amor. É obra de Carlos Rodríguez Dacal, investigador botánico da Universidade de Santiago de Compostela, que desde 1986 combinou os aspectos científicos, educativos e culturais que deron lugar ao actual xardín. Dentro del sitúase un herbario, un salón de actos e os monumentos a Macías o Namorado e a Ernesto Gende Rodríguez. Foi declarado BIC en 1946.

Palabras veciñas

Padrón, O Carme de | Padrón, partido xudicial de | Padrón, Santiago de | Padrón, Xardín da Vila de | padronés -sa | Padróns | Padua