Palau de la Música Catalana
Palau de la Música Catalana
Edificio construído entre 1905 e 1908 en Barcelona por Lluís Domènech i Montaner. Obtivo o premio do Ajuntament de Barcelona ao mellor edificio de 1908. A sala de concertos, de planta oval e paredes de vidro, con platea e dous pisos, ten capacidade para máis de 2.000 espectadores. Ten un escenario en hemiciclo e un órgano de grandes dimensións. En 1983 levouse a cabo a súa remodelación segundo un proxecto dos arquitectos O. Tusquets e C. Díez, e entre 1985 e 1989 realizouse unha nova reforma. O Orfeó Català ten aquí a súa sede, a biblioteca e o arquivo, entre outras dependencias. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1971 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).