pálido -da
pálido -da
(< lat pallĭdu)
-
adx
Que presenta no rostro unha cor esbrancuxada que non é a natural nin habitual.
Ex: Cando lle deron a noticia quedou pálida e non dixo nada.
-
adx
Que presenta unha cor menos intensa.
Ex: Merquei unha camisa de cor violeta pálido.
-
adx
Que é pouco definido e preciso.
Ex: Só lembraba unha pálida imaxe do seu avó.
-
s
m
[ANAT]
Núcleo gris do sistema nervioso central que, xunto cos outros núcleos da base do encéfalo, forma parte do sistema motor extrapiramidal e polo tanto intervén no control da postura e do movemento.