Palinodia

Palinodia
[PUBLIC]

Libro impreso en Ourense o 15 de setembro de 1547 e titulado O Libro intitulado Palinodia de la nephanda y fiera nación de los Turcos, y de su engañoso arte y cruel modo de guerrear, y de los imperios, reynos y provincias que han sujectado, y poseen con inquieta ferocidad. O seu autor e editor foi Vasco Díaz Tanco, impresor que traballou en Santiago de Compostela, Ourense e Valladolid. Trátase dunha recompilación dunha obra orixinal de Paulo Xovio titulada De turcarum rebus Historia, e que Tanco trouxo a Ourense tras a súa fuxida de terras turcas, xunto con numerosas comedias e obras dramáticas da súa autoría. O volume, elaborado en letra gótica a unha e dúas columnas, con letras de adorno e orlas, é unha das primeiras obras con gravados editadas en Galicia. Consérvanse dous exemplares, un na Biblioteca Nacional e outro en mans particulares.