palleiro

palleiro

(

  1. s m

    palleira.

  2. raza can de palleiro [ZOOL]

    Raza de cans, orixinaria do medio rural galego, que se caracterizan por presentar tronco rústico e rexo, perfil recto e eumétrico, constitución forte e proporcións harmónicas. As femias son máis baixas, de aspecto máis lixeiro e proporcións máis lonxilíneas. Son de cor normalmente uniforme, de gran variedade, desde canela, castaño ata incluso negros. A súa distribución sitúase preto do Carballiño, O Irixo, Ourense, Terra de Celanova, Allariz, zona dos Ancares e outras do interior, Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada e en diversas zonas da provincia da Coruña. Empréganse fundamentalmente como cans pastores, colaborando na condución do gando, e como can de garda. O can de palleiro foi recoñecido como raza autóctona galega en 2001.

Palabras veciñas

palleira | palleirán | palleireiro -ra | palleiro | Palleiro | Pallejà | Pallenis